“Kiev, a guerra” – Manuel Domínguez

A imaxe era negra, silenciosa, o parque orfo de nenos, as árbores mutiladas, espidas de froito e follas, sen pólas, como única esperanza un sobrevivinte bidueiro, entre a foto negra destacaba, como unha esperanza incerta.

Cheiro a naftalina, a goma queimada, cheiro a matar, podíase percibir no aire, algo similar a cando NY foi o 11S, o aire era irrespirable, a terra orfa de vida, terra queimada, só aquel mutilado bidueiro.

O silencio interrompido por mais foguetes, e pregúntome que queren matar xa non hai nin pardais, só a soidade do silencio.

Entendo, esta é a malicia dos fillos de Caín, non é un avece, é o odio, o odio que golpea, o odio que quere matar o aire, aí as bombas termobáricas.

Non se loita soldado contra soldado, é odio contra vida, odio que mata a anciáns desarmados, a nenos, matan non só con bombas, matan cara a cara a inocentes.

Un segundo xuízo como o de Nuremberg reclámase, todas as nacións do mundo debesen dicir basta, pero o odio bota raíces, os fillos de Caín están no poder, porque o silencio aválao.

Por acción ou omisión, son culpables.

A randeeira estática, e o bidueiro mutilado, aguántase en pé como símbolo de esperanza.