Jaime Arjones, Alan Davila e Martín Fernando, convocados pola selección española U20

11 Marzo 2022

Tres xogadores do Boiro Voleibol foron convocados pola selección española U20. Trátase do líbero Alan Davila, o receptor-oposto Martín Fernando e o colocador Jaime Arjones. Concentraranse o mércores 16 en Palencia co combinado nacional e, posteriormente, poderían participar nos dous amigables que se celebrarán contra a selección portuguesa en terras lusas.
Os tres xogadores do Boiro Voleibol pertencen á preselección U20, da que forman parte un total de 16 deportistas. O combinado nacional está a preparar o Preeuropeo de Polonia, que se disputará entre os días 17 e 20 de abril e ao que acudirán doce xogadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...