Investigado un veciño de Valladolid por delitos de furto, estafa e usurpación de estado civil en Boiro

19 Marzo 2022

A Garda Civil de Boiro, en colaboración co Equipo Territorial de Policía Xudicial ( ETPJ) da Garda Civil de Tordesillas, investigou a un veciño de Valladolid como presunto autor dun delito de furto, tres delitos de estafa e tres delitos de usurpación de estado civil.

A investigación iniciouse por mor da denuncia dun home nas dependencias Guardia Civil de Boiro, onde denunciou que lle subtraían unha carteira con documentación do interior da maleta da súa moto, que se atopaba estacionada na vía pública. Os axentes iniciaron unha investigación durante a que o prexudicado interpuxo outra denuncia na que comunicaba que utilizaran a súa documentación para realizar dous reintegros en efectivo por importe de 1.600 euros cada un nas localidades de Milladoiro e Santiago de Compostela.

Posteriormente, a vítima interpuxo unha nova denuncia en comunicábaa que se lle utilizou a súa documentación para comprar tres teléfonos móbiles, un deles de alta gama cun valor superior aos 1.000 euros, nun establecemento da localidade da Pobra do Caramiñal.

Tras as investigacións, os axentes do Boiro lograron a identificación do presunto autor dos ilícitos, tratándose de veciño de Tordesillas en Valladolid, coñecido das forzas de seguridade por delitos de diversa índole en varias provincias da Comunidade.

A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa comopresunto autor dun delito de furto, tres delitos de estafa e tres delitos de usurpación de estado civil.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.