Heredeiros da Crus publican este venres en todas as plataformas o seu álbum postpandémico

07 Marzo 2022

Unha das bandas máis importantes do panorama galego e estatal, Heredeiros da Crus, está de volta no mercado discográfico cun novo e agardado traballo. Trátase do álbum Xira Angústica Live in A Coruña, que, en palabras dos Heredeiros “recolle a experiencia do ano postpandémico”. Con este novo traballo tamén festexan os 30 anos de actividade da banda do Barbanza, posta en macha hai tres décadas por músicos (e amigos) de Castiñeiras (Ribeira), O Conchido (A Pobra) e Boiro.

Este venres 11 de marzo sairá en todas as plataformas dixitais Xira Angústica. Live in A Coruña, un traballo gravado o pasado ano no recinto PALEXCO da Coruña no que foi o seu derradeiro concerto neste formato e e que culminaba un ano (o 2021) de regreso aos escenarios tralo período máis cru da pandemia. Foi, explican, “un proposta fóra dos nosos estándares habituais, que nos situou nun marco acústico onde realizamos unha profunda revisión do repertorio dos Heredeiros”. A xira percorreu Galicia durante o verán: Boiro, Bueu, Rodeiro, Melide ou propio PALEXCO, foron algunhas das citas.

Neste novo traballo discográfico, Heredeiros da Crus aposta por amosar “unha faciana totalmente novedosa e descoñecida, pero tremendamente impactante” da súa capacidade creativa. Melodías espidas de fogos de artificio que crean novos himnos a escribir na historia da música en Galicia.

Outros artigos

Ribeira acollerá unha vixilia de 24 horas en apoio ao pobo palestino

Esta mañá presentouse no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira a vixilia solidaria de 24 horas convocada polo colectivo Somos Refuxio do Barbanza, en apoio ao pobo palestino e en denuncia do xenocidio que sofre baixo a ocupación israelí. Ao acto de presentación asistiron a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.