“Formar para dar sentido á pesca” – Antón Luaces

15 Marzo 2022

Facer efectiva a remuda xeracional é o obxectivo da convocatoria pola Consellería do Mar de cinco cursos  dirixidos a capacitar aos patróns costeiros polivalentes. Deste xeito o colectivo adquirirá os coñecementos necesarios para actuaren como primeiros oficiais de ponte en buques de pesca de ata 42 metros de eslora. A formación vai impartirse entre os meses de abril e xuño nas escolas oficiais náutico-pesquerías de Ribeira e Ferrol e no instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Na realización dos cursos -que sitúan a Galicia na vangarda da oferta formativa- colaboran as confrarías de pescadores. Desta convocatoria poderán beneficiarse un total de 125 persoas. O prazo de matrícula remata o 25 deste mes de marzo. A convocatoria sen dúbida e un paso avante de cara a DAR una solución á demanda que, dende vai xa moito tempo, veñen realizando tanto armadores como os mandos dos barcos de pesca de Galicia e España, por canto a  carencia de tal remuda está a impedir que moitos barcos poidan saír ao mar cada día, segundo o testemuño das empresas pesqueiras afectadas.   

De calquera xeito, dá a impresión de que esta decisión de titular cun curso de tan só cinco días de duración para responsabilizar do mando dun barco de pesca como primeiros oficiais de ponte a persoas que, se ben teñen a experiencia que os capacita como patróns costeiros polivalentes, desempeñar a bordo esa outra responsabilidade substituíndo ao capitán de pesca é unha cuestión da que alguén pode ter que dar explicacións algún día. Oxalá non a esa así, mais hai xa voces que reclaman unha rectificación ao respecto. O tempo vai dicilo, e oxalá non sexa por un problema grave.

Outros artigos

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

+

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

+

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

El cierre del servicio estatal de correos en Dinamarca con más de cuatro siglos dehistoria es una de esas noticias que quedan eclipsadas por la rabiosa actualidad. Sinembargo, su significado es profundo. No se trata solo de una reestructuración logísticade los...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.