Este mércores 9 de marzo, ás 12.00 horas na céntrica praza de Galicia, está prevista unha concentración en Boiro en apoio do pobo ucraíno e para mostrar a repulsa da cidadanía e as entidades locais en contra da guerra perpetrada por Rusia. A través desta mobilización o Concello de Boiro quérese unir aos actos convocados pola FEMP en apoio ao pobo ucraíno consistentes nunha concentración silenciosa de cinco minutos co obxectivo de mostrar o apoio do municipio a todas as persoas que están a sufrir as consecuencias deste conflito bélico.
O Concello de Boiro acomete obras para a mellora do pavimento no lugar de Xián
O Concello de Boiro remata as obras de pavimentado da rede viaria interior da aldea de Xián. Unha actuación dun importe de 34.089,21 euros financiada mediante o Plan Único Concellos (POS+) da Deputación da Coruña. A finalidade deste proxecto foi a pavimentación das...



