Espazo Familias mostra en Boiro os cambios de comportamento motivados polas tecnoloxías entre os menores

07 Marzo 2022

A iniciativa de formación, divulgación e traballo participativo Espazo Familias, a través da Escola de Nais e Pais (ENAPA) e coa colaboración do Concello de Boiro, leva a cabo unhas xornadas formativas para as familias e persoas interesadas na poboación infantoxuvenil. Neste marco de actividade celebrarase este mércores ás 18.00h na Casa da Cultura de Boiro a charla As pantallas transfórmannos!. O concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, e a directora do IES Praia Barraña, Andrea Herrero, presentaron este luns 7 de marzo a xornada acompañados de persoal directivo e orientador dos centros.

Segundo fixeron saber, a actividade contará coa participación de Teresa Piñeiro, experta en socioloxía e ciencias da comunicación que focalizará a atención na nocividade de certas condutas derivadas do uso das pantallas tecnolóxicas e como estas se traducen en modificacións da nosa estrutura cognitiva e do noso comportamento. As pantallas transfórmannos! ten como obxectivo dar a coñecer problemas detectados no alumnado como a diferencia entre a realidade e a ficción e a dificultade de atención.

A iniciativa deste ciclo de charlas nace dunha posta en común dos distintos centros de ensino e están vertebradas en torno ao impacto das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) entre os menores. Con ese ciclo de xornadas impartidas por profesionais en diversos ámbitos búscase “levar a cabo unha reflexión” e “poñer sobre a mesa posíbeis solucións de xeito que a participación das familias sobrepase os muros dos centros”.

O Concello de Boiro habilita un servizo de canguraxe para as persoas interesadas en asistir.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.