A Deputación achega preto de medio millón de euros para a modernización e a mellora das confrarías

03 Marzo 2022

A Deputación da Coruña anunciou esta semana que vai destinar preto de medio millón de euros para apoiar ás confrarías de pescadores da provincia. Este 3 de marzo abre o prazo para solicitar as subvencións destinadas a apoiar aos pósitos na contratación de persoal e modernización dos procesos de produción e comercialización.

En concreto, a entidade provincial destina 462.000 euros na devandita liña de apoios ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores. A través deste programa de apoio ás confrarías, os pósitos coruñeses poden optar a axudas de entre 1.500 e 30.000 euros que poden destinar á contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, alugueiro de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo ou contratación de servizos externos, como a vixilancia das autorizacións marisqueiras.

O deputado de Promoción Económica, Blas García, anunciou este 3 de marzo ábrese o prazo de solicitudes desta liña de subvencións, que se poderán tramitar de xeito telemático a través da plataforma SUBtel ata o vindeiro 24 de marzo ás 14.00 h. O deputado lembrou que o ano pasado 27 pósitos e agrupacións de mariscadoras e mariscadores recibiron o apoio económico da Deputación para manter a súa actividade.

Tamén, este mércores 2, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o extracto das convocatorias das dúas liñas de subvencións dirixidas a entidades para a realización de actividades e investimentos de promoción económica neste ano 2022 e que, en total, contan cun orzamento de 750.000 euros.

Estes programas diríxense a entidades sen ánimo de lucro tales como colexios e asociacións profesionais; cámaras de comercio; entidades asociativas e representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial; e asociacións de veciños e veciñas e de mulleres rurais.

No caso da liña para a realización de actividades, as solicitudes poden presentarse a través da plataforma SUBtel ata o 24 de marzo e, para as axudas á realización de investimentos, o último día para presentar a documentación é o 30 de abril.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...