En Ribeira o Concello renova o pavimento na travesía Pedriñas en Carreira

03 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informa de que se están executando obras para renovar o pavimentado na travesía Pedriñas, situada na parroquia de Carreira.

Neste senso, operarios da empresa Marqués de Marancán (a adxudicataria da actuación) están renovando o firme desta travesía de 50 metros de longo, que estaba deteriorado, estendendo unha nova capa de formigón intercalado con franxas de lousas de granito.

A intervención comporta un investimento de 10.285 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.