En Ribeira a recreación de Aires D´a Miña Terra de Curros por 26 artistas na exposición do Lustres Rivas

Dende hoxe venres ata o próximo 26 de abril pódese contemplar no Centro Cultural Lustras
Rivas a exposición “Aires d’a miña Terra / Gravado V33”, na que se recrea este poemario de Curros Enríquez por medio das obras elaboradas por 26 artistas do noso contorno no taller de gravado do
Museo de Artes.
A inauguración contou esta mañá coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz e da concelleira de Cultura María Sampedro, ademais de Antonio Pérez, un dos creadores participantes (tamén estiveron no
acto outros dous: Manuel Ayaso e Pastor Rodríguez) quen expresou no nome dos autores participantes o agradecemento por ter a oportunidade de exhibir a súa obra e seguir crecendo.
O alcalde explicou que ademais de ser exposta no propio Museo do Gravado a mostra tamén recalou na localidade portuguesa da Guarda e que agora desembarca na nosa cidade para que a veciñanza poida
disfrutar do talento local. Tamén resaltou o papel docente dos profesores José Fuentes e Antonio Navarro, que aprendéronlle aos artistas participantes no taller a novidosa técnica coñecida como
gravado V33, creada polo propio profesor Fuentes da Universidade de Salamanca.
Pola súa parte, María Sampedro recordou que as obras que agora se exhiben foron elaboradas fai dous anos cadrando co 140 aniversario da publicación de “Aires d’a miña Terra”, unha liña de traballo
continuada cun novo obradoiro no 2021 no que se compuxeron creacióhns en homenaxe de Rosalía de Castro.
Os 26 artistas participantes son: Manuel Ayaso, Manoel Bonaval , Óscar Bonigno, Paco Casal, Ramón Conde, Elena Fernández Reiriz , Marina Garzón, Yolanda Herranz, Claudia Lestón, Eva Raquel
Liñeira , Aida López, Merino, Mónica Montero, Antonio Navarro, M. José Nieto Clemente, Lola Pardo, Marian Paredes, Pitusa, Maralla, J. Manuel Pérez Abalo, Antonio Pérez, Héitor Picallo, Ester Benzalá ,
Pastor Rodríguez, Alba M. Souto Carrillo e Pura Villar.

A mostra pode ser visitada en horario de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta.