En Porto do Son o Concello acondiciona O Fieiro e o parque infantil de Caamaño

25 Marzo 2022

O Concello de Porto do Son compartiu nas redes as máis recentes novidades levadas a cabo a nivel local para a mellora e o mantemento de camiños, estradas, infraestruturas e inmóbeis municipais. Por exemplo os traballos levados a cabo na zona que une O Fieiro con Boiro, onde os equipos de obras e servizos, en colaboración con Protección Civil de Porto do Son, acondicionaron a contorna rozando e baldeando os camiños.

Amais, os efectivos municipais (os integrantes do equipo de Protección Civil) tamén efectuaron labores de acondicionamento no parque infantil de Caamaño, onde puxeron a punto os brinquedos e os equipamentos existentes, con vistas a ofrecer os máximos desfrute e seguridade ás familias.

A maiores, o Concello informou do condicionamento de accesos con saburra na parroquia de Nebra.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.