En liberdade con cargos e orde de afastamento o presunto autor da brutal paliza a unha veciña de Boiro

23 Marzo 2022

O xulgado de garda de Ribeira decretou a liberdade con cargos para o presunto autor dunha brutal malleira a unha veciña de Boiro que segue ingresada no Hospital Clínico de Santiago e do que informamos en O Barbanza. Ao home, que é comunmente coñecido como O Bicho, tamén lla impuxo unha orde de afastamento con respecto a vítima, á que non poderá achegarse a menos de 200 metros.

remitida

Ao suposto agresor imputábaselle un delito de lesións graves e a garda civil considera que non existe un delito por violencia de xénero, xa que non existía unha relación de índole amorosa entre ambas as persoas, por iso é polo que tivesen que esperar a unha denuncia por parte da familia da muller para poder actuar no esclarecemento do ocorrido.

Os investigadores da Policía Xudicial da Garda Civil creen que o motivo da disputa puido ser unha débeda económica e que a muller acudiu á vivenda do presunto agresor para comprar máis estupefacientes cando sería golpeada.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.