En Boiro o Concello achega dúas ducias de prazas nos seus obradoiros de conciliación de Semana Santa

31 Marzo 2022

A Concellería de Educación do Concello de Boiro organiza durante as vacacións de Semana Santa un obradoiro de actividades para nenos e nenas, co obxectivo de achegar alternativas creativas de conciliación ás familias.

As actividades levaranse a cabo no Centro Social de Cabo de Cruz os días 11, 12 e 13 de abril en horario de 10.30 a 13.30 horas. Ofrécense un total de 24 prazas divididas nos distintos rangos de idade, un grupo de 3 a 6 anos e outro de 7 a 12 anos. O programa está enfocado ao fomento da creatividade e os valores e planificados segundo as idades e as necesidades socio-educativas das crianzas participantes.

O Concello explica que para a selección das nenas e nenos, no caso de que haxa máis solicitudes que vacantes, priorizarase a orde de entrada da solicitude no Rexistro; o empadroamento en Boiro, que se autoriza á súa consulta na inscrición; e a ocupación laboral das persoas proxenitoras, xustificábel mediante a copia do contrato de traballo.

As inscricións están abertas e deben realizarse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a sede electrónica. As bases de participación e os impresos de inscrición están a disposición das persoas interesadas na web municipal (www.boiro.gal) ou no Centro Social de Cabo de Cruz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...