En Boiro detido por quebrantamento de condena o presunto autor dunha brutal malleira a unha muller

A Garda Civil de Boiro detivo ao veciño de Boiro coñecido como O Bicho, ao que acusa dun presunto quebrantamento de condena. Fontes da benemérita informaron que o home supostamente violou a orde de afastamento de 200 metros imposta esta mesma semana en relación á muller da localidade que acabou ingresada no Hospital Clínico despois de sufrir unha malleira e do que informamos en O Barbanza.

As mesmas fontes destacan que o home pasou a noite do venres nos calabozos do cuartel de Boiro, aínda que foi posto a disposición xudicial durante a mañá deste sábado en Ribeira. O xulgado de garda decidiu decretar liberdade con cargos para o detido, mesma decisión que tomou o mércores, cando os axentes da Garda Civil acusárono dun presunto delito de lesións. Desde o instituto armado explican que o home terá que responder #ante a Xustiza por ambos os incidentes de maneira separada.