Emotiva homenaxe de despedida a Caliche no Consistorio de Boiro pola súa xubilación

23 Marzo 2022

Os traballadores municipais do Concello de Boiro participaron este mércores 23 de marzo nunha emotiva homenaxe de despedida pola súa xubilación a Carlos García Blanco, Caliche, que traballou máis de 30 anos no servizo municipal de augas. O alcalde, José Ramón Romero, e demais membros do Goberno tamén estiveron presentes na despedida xunto co persoal municipal.

Todos os traballadores municipais reuníronse no hall do Consistorio ao remate da xornada laboral para despedir ao empregado público que, mediante a revisión dos contedores veu como evolucionou o municipio. “Todo o que sabe aprendeuno do seu antecesor, Moncho Ares, que apuntaba as incidencias que detectaba nun paquete de Ducados”, afirmaron os seus compañeiros.

O traballo evolucionou moito ao longo dos anos, cando comezou revisaba uns 2.000 contedores cada trimestre e agora uns 13.000 cada tres meses. O Concello de Boiro traballa para a informatización e modernización do proceso de lectura de contedores que Caliche realizou durante máis de 30 anos.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.