Detidos dous veciños de Boiro e un de Rianxo por subtraer o pneumáticos a un vehículo


A Garda Civil detivo a tres homes, dous veciños de Boiro e un de Rianxo , como presuntos autores dun delito de furto pola subtracción das lamias e pneumáticos a un vehículo.

As detencións producíronse por mor da denuncia interposta pola vítima en dependencias da Garda Civil de Boiro, na que comunicou que na madrugada do pasado 12 de marzo autor ou autores descoñecidos subtraeran as lamias, os pneumáticos e os parafusos de ancoraxe do seu vehículo.

O vehículo se atopaba estacionado no lugar da Igrexa, na parroquia de Abanqueiro e quedou “sustentado por catro bloques de formigón”.

No transcurso da mesma os investigadores lograron a identificación plena dos autores, así como a localización e recuperación dos obxectos subtraídos, os cales foran vendidos a un veciño de Rianxo.

A Garda Civil procedeu á detención destes tres homes como presuntos autores dun delito de furto e á incautación dos efectos subtraídos, os cales foron restituídos ao seu propietario.

remitida