Cruz Vermella, JEALSA e a rapazada de Boiro plantan árbores autóctonas no río Breiro

16 Marzo 2022

Cruz Vermella en Boiro e a conserveira local JEALSA realizaron na xornada deste 16 de marzo unha plantación colectiva de árbores autóctonas no estanque e no paseo do río Breiro. A iniciativa abeirouse ao proxecto Ludieduca e ao programa corporativo de responsabilidade social e medio ambiental da conserveira, We Sea. Na xeira de traballo participaron 130 nenas e nenos dos centros educativos de Abanqueiro, Cespón, Escarabote, Praia Xardín, Sta Baia e Sta María do Castro. Baixo a lema Plantar unha árbore é a mellor maneira de prolongar a nosa vida, os participantes aprenderon a través desta acción “o gran valor que ten a natureza, aprender a coidala e respectala”, sinalaron as entidades organizadoras da xornada de traballo.

O proxecto Ludieduca naceu no ano 2012 como experiencia piloto da asemblea de Cruz Vermella en Boiro e, grazas á colaboración de JEALSA, na actualidade a súa actuación realízase en centros educativos de Boiro e a Pobra do Caramiñal. O seu obxectivo é fomentar a participación na sociedade e a educación en valores dos máis pequenos a través de actividades lúdico-educativas. Na aula, os nenos e nenas en idades comprendidas entre os 8 e os 9 anos, traballan temáticas diversas como a igualdade, a integración de persoas inmigrantes, a alimentación e os hábitos de vida saudábeis ou o medio ambiente, entre outros. Ademais, desenvólvense accións de lecer e tempo libre fóra do centro educativo e unha excursión cultural anual.

“A educación ambiental é unha parte fundamental do proxecto LudiEduca e estamos seguros de que coa plantación realizada esta mañá os nenos e nenas non só contribuíron a dotar a este espazo de máis árbores, senón que axudaron a unha maior concienciación de toda a sociedade. O noso agradecemento a todos os participantes e sobre todo a Cruz Vermella por facer posible este proxecto”, manifestou Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais da conserveira boirense.

No marco do seu propósito de contribuír a mellorar a sociedade, JEALSA e Cruz Vermella uníanse no fomento de valores humanos na nenez, un feito que, segundo sinalaron, “contribúe ao desenvolvemento do individuo e á formación de cidadáns comprometidos e implicados coa sociedade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.