O Concello de Ribeira informa do inicio dos traballos dirixidos a renovar o pavimentado e a rede de pluviais na rúa do Castro na parroquia de Castiñeiras. As obras están sendo executadas por Excavaciones Nima e supoñen un investimento de 81.895,51 euros, IVE incluído.

Segundo informan fontes do Consistorio, o obxectivo destes traballos é “mellorar o estado actual dunha rúa que posúe un pavimento de beirarrúas de baldosa hidráulica e unha calzada de aglomerado asfáltico, ambos en mal estado, así como un tramo con rede de pluviais que non rexistra un óptimo funcionamento”.
Así, conforme ao proxecto técnico elaborado, vaise dotar dunhas novas beirarrúas á zona en cuestión a base de formigón semipulido previa colocación de bordos de formigón. Á calzada será de aglomerado asfáltico en quente.
En canto á rede de pluviais, instalarase unha rede de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e arquetas sumidoiro, que se unirá á rede xeral.
O prazo de execución son tres meses.
O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020.