Comeza a perfilarse en Outes a quinta edición da Mostra Mares da Fin do Mundo

31 Marzo 2022

Un dos grandes acontecementos culturais-audiovisuais da nosa comarca, a Mostra Mares da Fin do Mundo que acolle o concello de Outes, e que este ano está prevista para os días comprendidos entre o 28 e outubro e o 1 de novembro, xa comeza a perfilarse. O Concello confirmou que comezaron os traballos para dar forma á quinta edición do certame, e que as novidades iranse publicando na páxina web www.maresdafindomundo.gal e nas redes sociais (no Facebook, no Instagram e no Youtube)

Dende o Consistorio adiantaron tamén que nas vindeiras semanas abrirase a convocatoria para a recepción de obras audiovisuais e comezarase a desvelar algunhas das novidades desta edición 2022.

Para máis información, podemos escribir ao correo: info@maresdafindomundo.gal.

Para quen non o saiba, a Mostra Internacional de Cinema Documental Martes da Fin do Mundo é un evento que afonda na vertente audiovisual máis comprometida, sustentábel e activista. Organizada polo Concello ten o obxectivo de “crear un referente mundial no xénero documental e, máis en concreto, na vertente artística e creativa máis envorcada co medio ambiente mariño e a pesca sustentábel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.