Cinco minutos de silencio nos soportais do Consistorio ribeirense contra a guerra

09 Marzo 2022

Decenas de persoas concentráronse este mediodía nos soportais da casa consistorial para
gardar cinco minutos de silencio contra a guerra en Ucraína conforme á convocatoria lanzada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Antes de dar paso a este minutos de silencio o alcalde Manuel Ruiz deu lectura á declaración de condena á agresión a Ucraína elaborada pola FEMP, que di o seguinte:

  1. Condenamos enérxica e rotundamente os ataques perpetrados en diversas cidades ucraínas, así como o despregamento militar desencadeado polo goberno ruso e todas as consecuencias del
    derivadas. Instamos, en consecuencia, aliñados coa comunidade internacional, ao cesamento inmediato da agresión e a retirada dos efectivos militares rusos despregados en Ucraína.
  2. Apoiamos firmemente á poboación de Ucraína á que trasladamos toda a nosa solidariedade e afecto. Facemos extensivo este apoio aos máis de 112.034 mil ucraínos que residen no noso país e que desde hai anos son os nosos veciños e veciñas.
  3. Sumámonos a todas as iniciativas encamiñadas á restitución do dereito internacional vulnerado unilateralmente, así como ao seu defensa e fortalecemento como elemento central da orde mundial
    acordada polos principais organismos europeos e internacionais.
  4. Apoiamos, sen ningún xénero de dúbida, calquera actuación encamiñada ao restablecemento da paz e a convivencia democrática, e ao respecto á legalidade e aos dereitos humanos.
  5. Poñémonos ao dispor do Goberno de España, con todos os nosos medios, para colaborar en calquera tipo de actuación humanitaria e a acollida dos cidadáns de Ucraína que están a abandonar o seu país.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.