“Chorar entre bombas”. Antón Luaces

19 Marzo 2022

Unha lúa plena, ollo máxico dunha Galicia que, nesta noite do venres quixo lembrar a Galitzia, a primeira capital da rexión, a cidade de Halicz, na actual Ucraína. Esta última, a Galicia dos Cárpatos,  á que os galegos do noroeste peninsular  ibérico renderon homenaxe indirectamente ao cantar e chorar por dentro na coruñesa praza de María Pita o Canon de Mozart “Dona nobis pacem”, nas voces dunha vintena de coros desta cidade e otros procedentes da Ferrolterra..

Unha emoción sincera percorreu esta histórica praza coruñesa, testemuña de tantos momentos trascendentais na vida local e galega, especialmente ao se escoitar o relato de cidadáns ucraínos que, de primeira man, fixeron chegar ao público o sentimento que os fai rexeitar canto significa a guerra, esta guerra inútil porque os ucraínos non van deixar de ser e sentirse integrantes, estean onde estean, dese pobo que Putin tenta destruir por terra, mar e aire.

Falaron os ucraínos -neste caso ucraínas- de mortes absurdas, de violacións de mulleres e rapazs por membros das forzas armadas rusas. E cantaron, cun fondo respecto e patriotismo o seu himno nacional mentres os asistentes a este acto -non menos de trescentas persoas- acendían coma estrelas diminutas as candeas dos seus teléfonos celulares.

Oxalá servise para que esta guerra de tres semanas remate. Oxalá, por máis que, seguro, ningún ucraíno esquecerá o que está a acontecer no seu país.

A Gallicia de aquí, tampouco.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.