Boiro leva a cabo nos centros obradoiros afectivo-sexuais

25 Marzo 2022

A área de Igualdade do Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM), levou a cabo nos IES do municipio obradoiros nos que se traballaron aspectos básicos para o adecuado desenvolvemento afectivo sexual. Este programa de obradoiros ten como obxectivo axudar á rapazada na xestión de emocións, bo trato e autoestima.
Nos obradoiros, nos que participou o alumnado de 2º, 3º e 4º curso e FP básica dos tres IES do Municipio (IES A Cachada, IES Praia Barraña e IES Espiñeira), abordáronse cuestións básicas de sexualidade e tamén contidos específicos segundo a idade. O alumnado participante traballou sobre a aproximación ás distintas realidades sexuais co obxectivo de non dar por feito determinadas cuestións e romper estereotipos creados socialmente.
Os obradoiros leváronse a cabo no marco da programación que o Concello de Boiro desenvolve mediante o financiamento da Secretaría de Estado de Igualdade contra a Violencia de Xénero con cargo á subvención do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.