Boiro celebra o 8M coa lectura dun manifesto colectivo, inclusivo e diverso

07 Marzo 2022

O Concello de Boiro vai festexar este Día Internacional da Muller, martes 8 de marzo, cun acto institucional ás 18.00h na praza de Galicia. De forma complementaria haberá tamén actividades pola mañá da devandita xornada, organizadas polo alumnado do IES Espiñeira, ao que se engade unha verbena feminista que leva a cabo Unión de Muchachas.

O Concello explica que as actividades que o Concello de Boiro, a través da área de Feminismo e Igualdade, desenvolve no marco do 8 de marzo comezaron o venres, coa presentación do proxecto Nós tamén xogamos, un traballo audiovisual sobre muller e deporte. Nel participaron Andrea Domínguez, de baloncesto; Sabela Redondo, de canicross; Noelia Vilarnovo, de natación; Natalia Vázquez e Violeta Bustelo, de taekwondo; Sandra Triñanes, de piragüismo; Antía Casal, de ciclismo; Elena Matalobos, de atletismo; Mila Fernández, Eva Regueira, Alba Lojo e Ángeles Suárez, de fútbol; Marta Blanco, de volei; e Laura Davila e Vanessa Barcala, de remo.

Este martes ás 12.30h o alumnado do IES Espiñeira fará unha performance Ler non é cousa de mulleres na praza de Galicia. Pola tarde, ás 18h no mesmo emprazamento, terá lugar o acto institucional no que se fará a lectura dun manifesto colectivo, inclusivo e diverso por parte das mulleres de Cruz Vermella, Ambar, Amicos, Cen Pliés, deportistas de Boiro e mulleres da conserva. Ás 19.00h Unión de Muchachas organiza a súa verbena feminista con concertos tamén na Praza de Galicia.

A maiores, esta semana exponse nas rúas de Boiro a mostra fotográfica Semente de igualdade sobre mulleres do municipio referentes no eido deportivo. Cruz Vermella de Boiro promove tamén a mostra Coidadoras e referentes de vida que se pode ver nos escaparates dos comercios.

Por outra banda, o Concello engade que durante o mes de marzo continúan os obradoiros que o Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro organiza no marco da subvención do Pacto de Estado. O xoves desta semana, día 10 de marzo, celebrarase un obradoiro sobre manexo de estrés e ansiedade, ás 16.30 horas no Centro Social de Boiro, e o sábado ás 10.00h obradoiro sobre saúde afectivo-sexual. Máis información e inscrición nos obradoiros no CIM de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.