Boiro aprobou a creación dunha mesa contra a violencia machista

12 Marzo 2022


O Concello de Boiro celebrou o pleno ordinario do mes de marzo, no que todos os membros da corporación aprobaron a creación da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, unha iniciativa que busca coordinar forzas a nivel municipal para acabar con esta secuela e asistir ás vítimas.

Durante a sesión tamén tomou posesión da súa acta de edila, a popular Denís González Maneiro. Aprobouse a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

A corporación tamén aprobou por unanimidade unha petición de Boiro Novo na que se instaba ás entidades bancarias a prestar unha atención adecuada ás persoas maiores e aos consumidores vulnerables. Ao termo do pleno, leuse unha declaración institucional en apoio ao pobo ucraíno, destacando a importancia de respectar os dereitos humanos e de que se poña fin canto antes ao conflito armado.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.