Aumento do 22,62% nos investimentos a realizar este ano en Dodro

25 Marzo 2022

Este venres a Corporación de Dodro aprobou o orzamento municipal, un acontecemento que en palabras do equipo de Goberno “supón o fin da débeda cos bancos do noso Concello”. A sesión plenaria extraordinaria celebrouse ao mediodía e nela deuse impulso definitivo ás partidas precisas para levar a cabo a política municipal que o actual Goberno de coalición pretende para este ano. O Concello comprometeuse a presentar antes de que remate 2022 os vindeiros orzamentos, e así acurtar ao máximo os períodos desexábeis de tramitación.

Puntos destacados

O Goberno de Dodro destacou nas cifras o aumento do 22,62% nos investimentos a realizar en este ano, o que supón, en termos máis concretos, máis de 550.000 euros. O Executivo tamén salientou a cancelación completa dos préstamos bancarios do Concello “por vez primeira en varias décadas”, e tamén puxo o foco na mellora do cadro de persoal coa inclusión dun arquitecto municipal e máis no incremento dun 61% en gastos sociais, “o que se traduce nun aumento no total dos presupostos dun 2,18%, sendo a cifra de 2.792.975,51 euros”.

O orzamento foi aprobado cos votos a favor dos votos da totalidade dos grupos que compoñen o Executivo (PSdeG-PSOE, U.V. de D. e o BNG), e cos votos en contra do PP. Por certo que o voceiro do grupo do Partido Popular e ex-alcalde non asistiu ao pleno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...