As andanzas de Touriñán chegan a Porto do Son en formato audiovisual

21 Marzo 2022

Este 25 de marzo temos unha cita en Porto do Son co humor en formato audiovisual. Será da man do actor e humorista galego Xosé A. Touriñán, que, xunto co director Jairo Iglesias, trae á vila sonense un filme no que o propio Touriñán é o protagonista. O filme en cuestión, Aquí Tou!, proxectarase na Casa da Cultura ás 20.00 horas. Como dixemos, o audiovisual está dirixido por Iglesias e Touriñán e producido por Undodez e Ainé. A cinta envorca na pantalla un espectáculo do actor e humorista galego Xosé A. Touriñán.

En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán, ata un posíbel epitafio. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo diferente no que o tratamento visual xoga un papel primordial, o que se ve e tan importante como o que se escoita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...