Arde unha balsa de aceite hidráulico nunha nave da Picaraña en Rois

20 Marzo 2022

Ardeu, unicamente,  unha balsa de aceite hidráulico no interior da nave, sen afectar a nada máis, excepto o fume que provocou o lume e que se propagou polo interior da nave.

Ás 21:15 horas deste sábado, un particular informaba ao 112 Galicia dunha prensa ardendo no interior dunha nave de aluminios situada no Polígono da Picaraña, no concello de Rois. Indicaba que estaba todo cheo de fume e que non había persoas afectadas.

Desde o 112 Galicia pasouse aviso aos membros do GES de Padrón e aos Bombeiros de Boiro que, decontado, se desprazaron ata o lugar. Do mesmo xeito, foron informados os axentes da Garda Civil e de Protección Civil da localidade, así como, o persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.  Ademais, púxose en alerta aos Bombeiros de Ribeira, ao GES de Brión e ao persoal sanitario por se fose precisa a súa intervención.

Sen embargo, por fortuna, aos poucos minutos de intervir, os profesionais do GES de Padrón, deron por controlado o lume e procederon a arrefriar a zona e, posteriormente, pouco antes das once da noite, os Bombeiros de Boiro, deron por finalizada a extinción. Confirmaron que o lume unicamente calcinara unha balsa de aceite hidráulico.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.