AMICOS celebra o Día Mundial do Síndrome de Down visibilizando e concienciando a todos os cidadáns

21 Marzo 2022

En España hai ao redor de 35.000 persoas con Síndrome de Down.


Por iso, Amicos ve a necesidade de en días como hoxe, no que se celebra o Día Mundial do Síndrome de Down, realizar diferentes actividades para que todos e todas tomen conciencia da necesidade de alcanzar unha inclusión real de todos os cidadáns.
A asociación realizou un vídeo no que se conta a historia Isabel Melón, asistente ao Centro de Día Amicos. A través das súas imaxes e da entrevista a súa irmá, Patricia Melón, Amicos visibiliza a vida dunha persoa con Síndrome de Down. Na entrevista, Patricia Melón conta toda a desinformación e o estigma social que existe sobre esta discapacidade, así como unha das consecuencias de vivir con síndrome de down: o envellecemento prematuro. Tamén se destaca no vídeo o papel tan importante que desenvolven asoacións como Amicos. Podes velo a través do seguinte enlace: https://bit.ly/3NizAGK


Ademais, Amicos colaborou con diferentes accións xunto a Down España e Hop’Toys. No primer caso, a asociación simbolizou o abrazo de diferentes maneiras fotografiando a todas as persoas que forman parte de Amicos. No caso de Hop’Toys tamén se realizaron fotografías centrando o foco nos calcetíns desemparellados. Asímesmo, elaborouse un mural con calcetíns desemparellados para visibilizar as persoas que teñen Síndrome de Down.
Por outro lado, representantes de Amicos estarán durante toda a semana dende hoxe no ‘Stand Solidario’ do Centro Comercial Gran Vía de Vigo. O obxectivo é visibilizar ás persoas con discapacidade, como é o caso de aquelas persoas que teñen Síndrome de Down, xa que grazas a asociacións como a de Amicos, estas persoas poden alcanzar unha igualdade de oportunidades e a inclusión real na sociedade.

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.