Amicos activa a primeira formación presencial do seu Programa Integrado de Emprego

30 Marzo 2022

Amicos inaugurou este mércores 30 de marzo a formación presencial do seu Programa Integrado de Emprego (PIE). Foi no Viveiro de Empresas de Boiro. Até este venres, 15 alumnos e alumnas formaranse durante outras tantas horas en operacións básicas de caixa. A vertente teórica irá acompañada de prácticas en diferentes supermercados da comarca.

Sofía Riveiro nun intre da sesión

O obxectivo da formación é “que o alumnado aprenda a realizar as operacións básicas e elementais cunha caixa rexistradora, así como realizar cobros e pagos cos distintos sistemas existentes”.

O curso estará a cargo de Sofía Riveiro, coordinadora de formación en Recursos Galicia, que destacou a importancia de “equilibrar formación con inserción laboral”. Aconsellou deste xeito a todos os alumnos e alumnas: “Aproveitade o tempo que ides pasar aquí” para “adquirir as capacidades que grazas a programas como estes podemos adestrar”.

Asemade, as técnicas do Programa Integrado de Emprego, Rocío Vázquez e Estefanía Pérez, supervisarán e axudarán a que o curso se imparta con normalidade e que todos e todas os e as participantes poidan inserirse no mercado laboral.

Rocío Vázquez e Estefanía Pérez valoraron positivamente a formación iniciada considerando que “pode abrir portas a nivel laboral para o alumnado participante”, xa que esta formación será complementada polo curso de Elaboración de pezas cárnicas e atención ao cliente, que dará comezo o vindeiro luns, 4 de abril.

Isis Lijó, experta docente especializada en comercio, é a persoa que impartirá a formación de Operacións básicas de caixa. Na primeira sesión deste mércores salientou a importancia deste curso para “axudar ás persoas asistentes a atopar un emprego”.

O Programa Integrado de Emprego está promovido por Amicos e financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Isis Lijó nun momento da actividade

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.