“Alimentos ao lixo” – José Manuel Pena

14 Marzo 2022

Miles de familias do noso país están a pasar por dificultades reais para poder adquirir os alimentos básicos para a subsistencia de todos os seus membros e mentres tanto cantidade de comercios, supermercados e grandes superficies dedícanse a tirar ao lixo, literal e directamente, unha gran porcentaxe de alimentos que non poden ser comercializados. A maneira de desperdiciar estes alimentos é unha actitude vergoñosa, insolidaria e inhumana, á que hai que pór freo, canto antes.

Segundo un informe do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente constatouse que os alimentos que se deben tirar por estar próxima ou vencida a data de caducidade, soamente un 20% destes son entregados a unha ONG ou ao Banco de Alimentos e o 80% restante, tíranse ao lixo. Por iso é polo que non resulta estraño ver, en calquera pobo ou cidade, a cantidade de persoas humildes e con necesidades básicas rebuscando restos de comida nos colectores, en plena vía pública. Así mesmo, e segundo os últimos estudos estatísticos publicados, cada familia española estraga (tira ao lixo) uns 300 euros anuais en alimentos.

Estas situacións, que atentan contra o código de boas prácticas de calquera establecemento comercial e que violan claramente os Dereitos Humanos e máis Fundamentais das persoas, hai que corrixilas canto antes (con normativas e campañas de sensibilización) ao ser un problema que nos afecta a todos, tanto das propias entidades sociais, municipios, responsables políticos e dos propios responsables, xerentes ou conselleiros de administración destas superficies comerciais así como de nosa propia familia, evitando así que se siga tirando a comida, mentres hai tantas necesidades alimentarias en miles de familias da nosa contorna.

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.