Alberto Lema destaca na Pobra a envergadura do proxecto para mellorar o edificio de usos náuticos

08 Marzo 2022

Representantes do Concello da Pobra mantiveron este martes 8 de marzo unha xuntanza de traballo co deputado provincial de Marea Atlántica, Alberto Lema, co obxectivo de traballar en conxunto arredor do proxecto de mellora e ampliación do edificio de usos náuticos que acubilla a actividade do club de remo local.

Participaron na reunión, amais de Lema, o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), xunto coas concelleiras das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra).

O deputado sinalou que ao abeiro dos acordos orzamentarios co Goberno provincial do 2022 inclúese esta proposta co obxectivo de “mellorar as prestacións e cubrir as necesidades dun deporte que ten forte arraigo nesta vila”. Amais, cualificou o proxecto de “ambicioso e de gran envergadura”. Engadiu que a previsión é levalo ao pleno provincial de marzo para a súa aprobación, o cal se traducirá nun financiamento do 80% da obra por parte da entidade provincial.

Xosé Lois Piñeiro dixo que o investimento neste proxecto ascende aos 394.738’30 euros, IVE incluído, dos cales a institución provincial aportará arredor de 300.000 euros e o resto será asumido pola Administración local. Isto, engadiu, redundará en “suplir unha necesidade que se fixo moi urxente no noso concello”. A falta de espazo fixo que, actualmente, o club “non ocupe só o edificio de usos náuticos, senón tamén, en precario, unha nave na zona portuaria que no seu día se dedicou á actividade empresarial”. O mandatario local aproveitou a ocasión para expresar o seu agradecemento por tódalas xuntanzas mantidas tamén cos deputados provinciais socialistas para lograr chegar a este acordo.

Posteriormente, visitaron diferentes espazos da localidade coma o parque infantil da Lombiña, cuxa rehabilitación se atopou ao abeiro do POS+2021 da Deputación da Coruña; as estradas provinciais DP-6703 e DP-6704 para a valoración de propostas de mellora; ou o Coworking Pobra que acaba de sumarse á Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...