Adiado o teatro “Gloria Nacional” previsto para este venres en Rianxo

O Auditorio de Rianxo tiña programado para este venres 25 de marzo, ás 21 horas, a posta en escena da obra Gloria nacional, da compañía Teatro do Noroeste, financiada pola Deputación co gallo da celebración do Día do Teatro 2022. Segundo notifica a organización a representación quedou aprazada o 27 de maio.