Aberto ata o 23 de maio o prazo de presentación de obras ao XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil

31 Marzo 2022

A Deputación da Coruña comunicou que o 23 de maio rematará o prazo e presentación de orixinais ao XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola entidade provincial e dotado con 6.500 para a obra gañadora.

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen galardoadas nos cinco anos anteriores e que presenten narracións en lingua galega inéditas, non premiadas en ningún outro certame, nin publicadas ou rexistradas, total ou parcialmente. A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial.

“Este”, sinala o responsábel provincial de Cultura, Xurxo Couto, “é un premio con vontade de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e pequenas e facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela”.

Que se me pare o corazón se te esquezo, da escritora Andrea Maceiras, foi a obra premiada en 2021, edición á que se presentaron 43 orixinais e arredor da que a institución provincial elaborou un programa de actividades para render homenaxe a unha das figuras relevantes da literatura galega contemporánea, Agustín Fernández Paz, primeiro gañador do certame, en 1998, coa novela Cos pés no aire. Xosé A. Neira Cruz, con “ enigma de Santiago, en 2020; Valentín Alvite Gándara, con Antía e Daren, en 2019; e An Alfaya, con O Grupo, en 2018, fixéronse tamén co galardón en convocatorias recentes.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.