A Xunta comprométese a avaliar a instalación dunha nova estación de calidade de aire en Boiro

02 Marzo 2022

A Xunta estudará a posibilidade de instalar unha nova estación de calidade do aire no municipio de Boiro.

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático trasladou ao alcalde de Boiro esta decisión, en resposta a unha solicitude presentada pola entidade local, que alude á situación xeográfica do concello —no interior da ría de Arousa—, ao ser a entrada principal de masas de aire cara ao interior da Comunidade.

Á vista da lexislación actual, as medicións realízanse nas aglomeracións de máis de 50.000 habitantes ou nos casos nos que sexa previsíbel que se poidan superar os valores límite de calidade do aire. Tamén se indica que, no caso de avaliar a influencia dunha actividade industrial concreta, a Administración pública poderá requirir aos titulares da instalación a implantación de redes e estacións de medición.

A Xunta quere aclarar que malia o devandito “en Boiro non hai risco de superación dos valores límite establecidos, tendo en conta os modelos de calidade do aire que emprega a Dirección Xeral”. Non obstante, atendendo á petición do Concello, a Consellería iniciará o estudo da posíbel instalación dunha nova estación, ao abeiro do proceso de mellora da Rede de calidade do aire de Galicia que está a levar a cabo ao longo de este ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.