A veciñanza de Dodro xa pode comunicar ao Concello a dispoñibilidade de vivendas para persoas desprazadas de Ucraína

O Concello de Dodro emitiu un comunicado no que aclara as dúbidas que poida ter a veciñanza sobre como canalizar o seu espírito solidario e humanitario en relación á guerra en Ucraína e as persoas refuxiadas. Na información, o Consistorio prega seguir as recomendacións da Xunta de Galicia, da FEGAMP, Coordinadora Galega de ONGD e de entidades especializadas para canalizar o apoio ao pobo ucraíno. Estas son as pautas a seguir:

-Paralizar as doazóns de bens especie.

-Priorizar as achegas económicas.

-O Concello deberá rexistrar as vivendas dispoñíbeis.

-En ningún caso ir á procura de persoas para traer á localidade.

O Concello explica que se algún veciño debera rexistrar unha vivenda dispoñíbel cómpre lembrar esta recomendación: deberán ser vivendas privadas no canto de espazos compartidos con familias de Dodro.

O Goberno local tamén anunciou que se puxo a disposición da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) para trasladar a información de posíbeis vivendas con vistas a materializar o aloxamento de persoas desprazadas. Deste xeito, se as familias de Dodro tivesen algunha vivenda dispoñíbel e estivese interesadas en cedela para ser empregada por persoas refuxiadas polo conflito bélico desencadeado por Rusia é preciso que se poñan en contacto co Concello a través do teléfono 981 802 062.