A rapazada do IES A Cachada erradica especies invasoras no río Coroño e na praia de Barraña

24 Marzo 2022

O medio natural de Boiro recibiu esta tempada a axuda do IES A Cachada, a través do seu Club da Ciencia, impulsado dende o Concello (Concellería de Medio Ambiente) co obxectivo de formar á mocidade local en como protexer os tesouros ambientais da súa contorna, como identificar especies exóticas e como erradicalas. Isto foi precisamente o que levaron a cabo as rapazas e os rapaces nas contornas da praia de Barraña e o esteiro do río Coroño.

Nas xeiras de traballo ambiental participaron un total de 24 alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO que, acompañados polo profesorado do centro e un técnico forestal do Departamento de Medio Ambiente con experiencia en actuacións deste tipo. Actuaron sobre a Arctotheca calendula e Carpobrotus edulis na praia de Barraña e no esteiro do río Coroño. “Estas especies están cada vez máis presentes na nosa contorna, en lugares de alto valor natural, polo que se precisa frear a súa rápida expansión”, afirma o persoal técnico do departamento.

O programa de actividades levouse a cabo en varias xornadas: unha primeira de parte teórica consistente nunha charla-coloquio mediante a que se fixo unha pequena introdución a estas especies invasoras, as consecuencias e posíbeis solucións desta problemática; e unha saída para coñecer e forma práctica como se debe facer a retirada e unha práctica de mostraxe para coñecer a superficie na que se atopa a especie e elaborar un plan de control da mesma.

A segunda parte do programa consistiu na retirada de “uña de gato” no esteiro do río Coroño. O alumnado realizou un total de tres saídas para a eliminación de Carpobrotus edulis. O resultado das tres xornadas foi a retirada de 1.051 kg desta especie invasora que se atopaba na desembocadura do río.

O obxectivo do Concello de Boiro é continuar con este tipo de actuacións a longo prazo, revisando as zonas de actuación e facendo un seguimento para controlar os posíbeis rebrotes; así como levando a cabo actividades formativas e divulgativas cos centros de ensino que permitan ao alumnado coñecer mellor o noso medio e saber como coidalo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.