A madrugada do domingo cambia a hora. As 2 serán as 3 e comezará o horario de verán

26 Marzo 2022


A madrugada deste domingo, 27 de marzo, ás 02.00 horas serán as 03.00 horas e tras adiantar unha hora os reloxos, dará comezo o horario de verán, que se estenderá ata a última fin de semana de outubro, cando o reloxo volverá ao horario de inverno.

Co cambio de hora cúmprese coa Directiva Europea 2000/84/CE que segue afectando, sen excepción, a todos os estados membros da Unión Europea. As primeiras disposicións do horario de verán adoptáronse en Europa en 1980 e coa aprobación no ano 2000 desta directiva comunitaria fixouse o inicio do horario de verán o último domingo de marzo e a súa finalización na madrugada do último domingo de outubro.

Aínda que, no conxunto da UE no ano 2018 expúxose a proposta de eliminar o cambio de hora e iniciouse un proceso que aínda que consideraba suprimir este cambio en 2019, os entón Vinte e oito consideraron que a iniciativa era prematura e aprazouse a decisión ata o ano 2021.

En España, en 2019 o Consello de Ministros do 22 de marzo, a entón portavoz do Goberno e ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, adiantou que España mantería o seu fuso horario e o cambio de hora estacional mentres reflexionaba ata o ano 2021.

O cambio horario forma parte da Directiva Europea 2000/84CE que afecta a todos os Estados membro da Unión Europea co obxectivo de aproveitar mellor a luz solar pola tarde. Por tanto, o cambio é obrigatorio e sempre se produce nas mesmas datas e horas no conxunto da UE, de modo que non existe a posibilidade de que un Estado membro non aplique este cambio de hora.

A Comisión Europea considera que o consumo de enerxía non é o único aspecto positivo senón tamén subliña outros impactos sobre sectores como o transporte, as comunicacións, a seguridade viaria, as condicións de traballo, os modos de vida, a saúde, o turismo ou o lecer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.