A Policía Autonómica esclarece lumes nos concellos coruñeses de Boiro e Rois

04 Marzo 2022

Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, xunto co Grupo de Investigación da Unidade de Policía Autonómica (UPA) de Santiago de Compostela, esclareceron un incendio rexistrado o pasado día 26 de febreiro no concello coruñés de Rois e outro en Boiro o pasado 28 de febreiro.

No caso de Rois, o informe técnico resultante da investigación levada a cabo pola UIFO e a declaración dunha testemuña permitiron a detención e a posta a disposición xudicial, por parte da Policía Autonómica, dunha persoa como presunta autora dun delito de incendio forestal intencionado, dilixencias que instrúe o xulgado de garda de Padrón. Os feitos rexistráronse no lugar de Ferreiros, da parroquia de San Miguel da Costa, do referido municipio. Para esclarecelos, foi tamén clave o labor dos axentes ambientais do distrito forestal IV (Barbanza).

A rápida intervención do persoal e dos medios do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios forestais da Xunta evitou que o lume puxera en risco vivendas próximas e fixo que o sinistro quedara reducido a un conato de 0,15 hectáreas de superficie arborada. Para o control deste lume, que comezou ás 15,45 h. e que quedou extinguido ás 17,09 h., mobilizáronse 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.

No caso de Boiro, este mesmo equipo conxunto da Policía Autonómica e da UIFO esclareceu outro lume forestal en Cespón, no que se calcinaron 2.100 metros de monte arborado por un escape de queima.

A Xunta destaca a importancia da colaboración cidadá para reforzar o traballo destes profesionais e, neste sentido, lembra que está dispoñible o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. A maiores, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.