A Pobra contará con obradoiros de conciliación a mediados do mes de abril

30 Marzo 2022

Cara ás vacacións escolares de finais do segundo trimestre que coincide coa festividade da Semana
Santa, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), ofrece uns obradoiros de conciliación que se desenvolverán no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas. Destinados a crianzas da infantil e da primaria, as datas concretas para esta actividade son os días 11, 12, 13 e 18 de abril.
O prezo é de 15 euros por nena/neno, pero aplicarase un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a. Para dar maiores facilidades ás familias usuarias tamén se achega o
Servizo de Madruga, cuxo custo será de 4 euros pola entrada do cativo/cativa a partir das 08.00 horas e de 6 euros dende as 07.30 horas.
Ademais, existe a prestación de comedor, dende as 14.00 ata as 16.00 horas.
A data para se anotar remata no 7 de abril. Máis información e inscricións nas oficinas dos Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, dende as 09.30 ata as 14.30 horas, ou mediante os teléfonos de contacto 981832590 e 981831545.
Seguirase a normativa implantada por mor da COVID-19.

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.