A Fiscalía pide ano e medio para un veciño de Ribeira por agredir a catro axentes da Policía

14 Marzo 2022


A Audiencia Provincial da Coruña celebrará esta semana o xuízo contra un veciño de Ribeira ao que a Fiscalía acusa de cometer un delito de atentado despois de, presuntamente, agredir a catro axentes da Policía que acudiron ao seu domicilio para identificalo.

Segundo a Fiscalía os feitos ocorreron o pasado 31 maio do 2018 en Ribeira despois de que o acusado tivese un suposto altercado coa súa parella no seu domicilio. Unha vez que os axentes chegaron ao lugar, o home adoptou unha actitude «agresiva e desafiante, negándose a identificarse». Segundo o informe o detido empuxou a un dos axentes, que caeu, golpeándose a cadeira e a man dereita, e propinándolle golpes nas pernas e puñadas no corpo a outro deles. Un terceiro policía interveu para axudar aos seus compañeiros, recibindo golpes no xeonllo dereito e na fronte e un cuarto recibiu unha puñada no abdome.

Unha vez que lograron reducilo, o acusado seguiu propinando patadas e cabezazos, tanto dentro do ascensor do inmoble como no vehículo policial. No curso da inmobilización, a Fiscalía considera que tres dos policías se extralimitaron no uso da forza, chegando a propinar patadas e puñadas ao detido é polo que tamén solicite penas de dous meses de multa por un presunto delito leve de lesións ós axentes.

A fiscalis solicita unha pena dun ano e medio de cárcere e dous meses de multa con cota diaria de 8 euros. Para os axentes que supostamente incorreron nun delito leve de lesións solicítaselles a mesma indemnización. No referente ás indemnizacións por responsabilidade civil, o acusado debería pagar 2.360 euros aos axentes, mentres que eles abonarían de forma conxunta 460.

Outros artigos

“Conservatorio de Lugo” – Xulio Xiz

Acudín a un sinal de vida no Auditorio grande de Lugo, ese que é homenaxe permanente a Xesús Mato e aos mozos que en Mondoñedo entraron na gloria da música, e desfrutei do concerto da actual fornada do Conservatorio de Música lucense,, que se permite ter tres bandas:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.