A Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo celebran o Día Mundial do Teatro con “Gloria Nacional”

23 Marzo 2022

O Auditorio de Rianxo acolle este venres 25 de marzo, ás 21 horas, a posta en escena da obra Gloria nacional, da compañía Teatro do Noroeste, financiada pola Deputación co gallo da celebración do Día do Teatro 2022. Por certo que a obra terá unha nova representación, o domingo 27 ás 20.00 horas, no Teatro Colón da Coruña. As entradas, para as dúas funcións, son de balde previa de convite nas webs do Concello de Rianxo e o Teatro Colón.

O responsábel provincial de Cultura, Xurxo Couto, explicou que o dito espectáculo é “unha fermosa reflexión sobre o lugar que ocupan a creación artística e a cultura na sociedade actual, e que abre un interesante debate sobre o papel da arte, a cultura, os mercados e a política”.

Escrita e dirixida por Eduardo Alonso e interpretada por Luma Gómez, Miguel Pernas e Manuela Varela, Gloria nacional conta a historia de Uxío Rodas, escultor e pintor considerado polos seus contemporáneos como unha auténtica “gloria nacional”, aínda que pasa por unha crise, recluído no seu estudo e apartado da civilización, intentando concentrarse no seu traballo máis importante, unha escultura monumental que se localizará na praza principal da capital e que debe representar e simbolizar a súa nación.

Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro profesional galega fundada en 1987. Na súa dilatada traxectoria de máis de 20 anos produciu e distribuíu importantes espectáculos; entre eles, desde clásicos (Rei Lear, Macbeth ou Noite de reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais), até textos máis contemporáneos (Os xustos, de Albert Camus), mesmo de autores galegos, como Historias peregrinas ou A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...