A Casa da Cultura do Son acolle este venres a presentación de “Sexo y silencio” de Ignacio Castro

14 Marzo 2022

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este venres 18 de marzo a presentación do novo libro do filósofo e escritor compostelán Ignacio Castro Rey, Sexo y silencio. Será a partir das 19.30 horas e contarase, amais do autor, coa presenza de Juan Pouso, concelleiro de Cultura, e Lucía Suárez, historiadora da arte e investigadora.

Ignacio Castro nunha imaxe de El Correo Gallego

Como fixemos saber con motivo da presentación da mesma obra en Boiro, Ignacio Castro é o responsábel (entre outros moitos libros) dunha das obras máis sobranceiras das nosas letras nas últimas décadas, Roxe de Sebes (Fundación Luís Seoane), ensaio poético a xeito de diario ou colección de haikus no que o autor documenta a súa particular viaxe existencial aos bosques do Courel (bebendo das fontes de Thoreau, Emerson e Uxío Novoneyra, e as grandes figuras literarias do nature writing).

Ignacio Castro Rey é doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid, crítico de cinema e arte, xestor cultural e profesor. Ademais de ser autor de múltiples artigos e conferencias e profesor convidado en distintas universidades, Castro Rey publicou diversos libros, o último deles chámase Lluvia Oblicua (Ed. Pre-Textos 2020), precedido de Mil días en la montaña (Ed. FronteraD, 2019). A súa nova obra, Sexo y silencio, foi presentada en Boiro como “un libro radicalmente libre” e “a contrapelo do novo puritanismo imperante”. Trátase, sinalouse, dunha aventura pola reflexión arredor do sexo de semellante calibre á aventura que o levou a vivir un inverno no Courel, nunha cabana de miúdas dimensións e sen máis compaña que algúns libros, a neve e as montañas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...