A aula CeMIT de Boiro celebra con máis cursos os seus dez anos de formación tecnolóxica

10 Marzo 2022

A aula CeMIT de Boiro, situada no Centro Social de Boiro, celebra este mes de marzo dez anos de andaina oficial ofertando formación no eido tecnolóxico para persoas de todas as idades, motivo polo que o Concello fixo balance da importante actividade despregada por este centro local de capacitación tecnolóxica, integrado na Rede CeMIT impulsada por AMTEGA. No mes de abril continúa con formación tanto enliña como presencial.

Nestes 10 anos de traxectoria rexistráronse un total de 2.377 persoas e unhas 8.060 participaron en actividades relacionadas cos 805 cursos formativos propios que se levaron a cabo neste tempo. Na aula leváronse a cabo uns 135 exames certificados ademais de outras actividades externas para as que se empregaron as instalacións.

A aula CeMIT de Boiro ten xa abertas as inscricións para participar nun ciclo de charlas informativas que se van levar a cabo durante o mes de abril. O día 1 de abril, de 10.30 a 11.30 horas será a charla Que é a Administración Electrónica?, o día 19 de 12.00 a 13.00 horas, Compras seguras por Internet; e o 26 de 12.00 a 13.00 horas, Nova tarifa de luz. Coñécea e aforra na túa factura!.

Inscricións e máis información en axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.

Centro Social de Boiro, sede da aula CeMIT local

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.