A Asociación de Mulleres do Barbanza celebra o 8M cunha concentración en Ribeira e unha acción artística do Colectivo SaK

A Asociación de Mulleres do Barbanza vai conmemorar a celebración deste martes 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha acción artística e unha concentración na praza do Concello de Ribeira, ás 20:00 horas. O acto, no que as integrantes da entidade alzarán a voz novamente pola igualdade (unha cuestión de xustiza que “nos beneficia a todas e todos”, lembran), contará coa presenza do Colectivo SaK, formado por Sara Willisch e Rubén Sánchez e centrado en explorar e fomentar o potencial da arte na rúa (performances, arte de acción, linguaxes audiovisuais, instalacións) ao servizo da loita contra a violencia, as inxustizas sociais, o machismo, o racismo ou os abusos de poder.