A Asociación Amas de Casa de Ribeira recupera a súa chocolatada para homenaxear ás persoas maiores

25 Marzo 2022

Logo da pausa motivada pola pandemia, a Asociación de Amas de Casa de Ribeira vai organizar o domingo 3 de abril a súa tradicional chocolatada. Será un evento de homenaxe ás persoas maiores. Foi presentado nos seus detalles este 25 de marzo pola presidenta da entidade, Puri Cores, acompañada das concelleiras de Servizos Sociais e Cultura do Concello, Ana Barreiro e María Sampedro.

A homenaxe terá lugar ás 17 horas no Restaurante Baiuca de Artes e haberá autobuses a partir das 16.30 horas dende a estación situada xunto ao Mercado Municipal.

A chocolatada estará amenizada pola cantante Mar Davila.

Puri Cores agradeceu a colaboración do Concello e manifestou a súa confianza en ofrecer un día de diversión á xente maior. Segundo dixo, “xa hai 270 persoas apuntadas e previsiblemente o próximo mércores peche o prazo”.

As veciñas e veciños maiores de 65 anos que queiran acudir teñen que retirar os seus convites na sede da Asociación de Amas de Casa en día laboral de 10.30 a 13 horas.

Tanto Ana Barreiro como María Sampedro expresaron o seu desexo de que a actividade sexa “un éxito”, pois, engadiron, “os nosos maiores ben merecen unha xuntanza coma esta despois de todos os sufrimentos motivados polo coronavirus”.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.