A ampliación da Fieteira contará cun orzamento de máis de 1,5 millóns e estará lista na primavera do ano que vén

21 Marzo 2022

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a licitación para as obras de ampliación e mellora do Complexo Deportivo de A Fieiteira, en Ribeira, por un importe de máis de 1,3 millóns de euros.

En total, o proxecto, xunto aos gastos de dirección da obra e execución e de coordinación de seguridade e saúde, ascende a máis de 1,5 millóns de euros (1.542.632 euros), dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achegará o 65% (1 millón de euros) e o Concello de Ribeira contribuirá coa cantidade restante (542.632 euros). O prazo para a presentación das ofertas remata o vindeiro 13 de abril.

O Complexo da Fieteira conta na actualidade cunha pista atletismo aire libre, dous campos de fútbol, piscina, polideportivo, ximnasio e mesmo unha pista pump track. Un dos puntos destacados desta actuación será a construción construción dun pavillón anexo para albergar unha zona de adestramento cuberta para atletismo, mediante un módulo que conta con pista de 5 rúas, zona de saltos ou lanzamentos; espazos para ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo; construción de novos vestiarios, aseos e duchas e o seu equipamento; e tamén as reformas de accesibilidade e acceso ao primeiro andar con escaleiras, ramplas e un núcleo de ascensor.

A Xunta reflicte que o proxecto de ampliación e mellora da infraestrutura “vén impulsado por algúns dos éxitos más importantes dos deportistas de Ribeira”. Neste senso, destaca o campionato europeo júnior e o subcampionato europeo absoluto de taekwondo acadado a finais do 2018 en Turquía polo Natural Sport Videlgi; así como a medalla de ouro acadada por Ana Peleteiro en triplo salto no Campionato de Europa de Atletismo en pista cuberta en Glasgow no mes de marzo de 2019 ou o bronce olímpico de Toquio; ou o cuarto campionato de Europa do parataekwondista Álex Vidal colleitado en Italia en novembro de 2019. O prazo estimado de execución é de doce meses dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.