A Asociación Boirense de Empresarios compartiu a listaxe de persoas premiadas na súa campaña de promoción comercial lanzada con motivo do Día do Pai, dirixida a fomentar as vendas a nivel local e salientar (e obsequiar) a fidelidade da cidadanía cos comercios de proximidade.
Ao abeiro da dita campaña, este luns 21 de marzo realizouse o sorteo de 5 bonos ABE de 50€ cada un entre todos os clientes que rexistraron os seus tíckets ou facturas das compras realizada en calquera empresa asociada á asociación entre o 4 e o 19 de marzo. A ABE informou de que as persoas premiadas premiados “aínda teñen a posibilidade de dobrar o seu premio se acreditan a condición de familia numerosa”. Como xa é habitual, os tíckets debían rexistrarse na web da ABE.
Campaña Día do Pai
Bonos ABE 50 euros
Leticia – Deportes Sr. Balón
Sara Lojo – Herboristería Fiúncho
Nadia – Eco Barbanza
María José González – Paquetería Josefina
Zenón – Baldani Concept Store
