A ABE, recoñecida pola Xunta coa súa inscrición no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais

09 Marzo 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de lograr a súa inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta. A confirmación oficial da incorporación a este servizo foi confirmada pola subdirectora xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, Mercedes Cardelle Espasandín.

Daniel García, presidente da ABE

Como explica o xerente da entidade, Tomás Estévez o RUEPSS ten por obxectivo fundamental “elaborar e ter a disposición do público un censo actualizado das entidades fornecedoras de servizos sociais e dos centros e programas autorizados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia”. Este rexistro, engade, “configúrase como un instrumento público básico para o coñecemento, o control, a planificación, a ordenación e a publicación do Sistema Galego de Servizos Socias e está adscrito e xestionado pola Consellería da Xunta con competencias en materia de servizos sociais”

O presidente da ABE , Daniel García, amosouse orgulloso por ter resultado a ABE a primeira asociación de índole empresarial da Coruña que acada a inscrición neste rexistro. García indica que entre as actividades valoradas pola Xunta para a inscrición destacaron a de “facilitar alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que se atopan en situación ou en risco de exclusión social difundindo e informando sobre as diversa liñas de axudas públicas dispoñíbeis, tanto de xeito presencial nas nosas oficinas como a través das nosas canles de información e redes sociais, e ofertando nas actividades formativas unha porcentaxe de prazas a estes colectivos”. A maiores, García salienta tamén que se tivo en conta o traballo da patronal ofertando oportunidades sociais e educativas a menores de idade e persoas en risco de exclusión e, tamén, colaborando cos centros de ensino na información e formación sobre as saídas laborais e profesionais que ofrece a localidade de Boiro dende o punto de vista do empresariado local. García tamén destacou o labor da ABE á hora de previr a aparición de calquera situación de dependencia, exclusión, desigualdade ou desprotección, a maiores de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.

No proxecto que desenvolve ABE en canto a inclusión social, o presidente explica que foron definidos uns destinatarios ao abeiro dun proceso acorde co ámbito empresarial e “dentro dos colectivos que poden ser atendidos segundo marca a lei galega de asuntos sociais”, que son os que se citan:

-Mulleres empresarias e traballadoras das empresas do ámbito de actuación da ABE.

-Estudantes menores de idade dos colexios do ámbito de actuación da ABE.

-Asociacións (e os seus usuarios) que teñan como actividade social promover os valores e obxectivos recollidos neste proxecto.

-Desempregados en especial os pertencentes a colectivos de máis difícil inserción, como persoas con discapacidade, inmigrantes, persoas pertencentes a minorías étnicas, persoas vítimas de violencia de xénero e maiores de 45 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.