Vodafone levará a súa rede 5G a 81 concellos galegos en 2022 (incluída A Pobra do Caramiñal)

28 Febreiro 2022

No marco do MWC22, Vodafone España vén de anunciar que vai ampliar a cobertura de “5G real” ao 46% da poboación, alcanzando preto de 1.000 municipios, a finais deste ano. Destes case 1.000 municipios (entre os que se atopa un bo feixe de concellos galegos: 81), 133 son poboacións de máis de 50.000 habitantes, 605 poboacións entre 1.000 e 50.000 e 245 son municipios de menos de 1.000 habitantes. Na listaxe dos territorios da nosa terra vén incluída A Pobra do Caramiñal.

Vodafone engade que a ampliación farase a través das bandas de frecuencia de 700MHz, 3,5GHz ou ambas. O obxectivo da operadora é achegar conectividade para descargar contidos a 5 veces máis velocidade que con 4G e beneficiar aos clientes cunha moito menor latencia e a posibilidade de conectar máis dispositivos de xeito simultáneo. “A rede 5G na frecuencia de 700MHz”, engade a compañía, “facilita mellor cobertura e servizo en interiores de edificios, e conta con gran dispoñibilidade de largo de banda e de transmisión de datos, o que supón unha enorme vantaxe en contornas rurais e pequenas localidades”.

Ademais, Vodafone está a reforzar con 700MHz a cobertura de telefonía móbil e datos tamén en 25 grandes cidades que xa tiñan 5G coa frecuencia de 3,5GHz: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Zaragoza, San Sebastián, Pamplona, Logroño, Toledo, Santa Cruz de Tenerife, Palma de Mallorca, Valladolid, Murcia, Segovia, Castelló, Las Palmas de Gran Canaria, Coruña, Vigo, Xixón, Santander, Bilbao, Vitoria, Badaxoz e Alacante.

“O aceso da banda de 700 MHz en 1000 municipios supón un salto importante para chegar a máis poboacións rurais e continuar avanzando na transformación dixital do noso país”, explica Julia Velasco, directora de Rede de Vodafone España, engadindo que esta despregura permitirá impulsar o desenvolvemento económico en zonas rurais, tal e como certifica un estudo recente de Deloitte para Vodafone, no que se fai saber que de cada 1.000 novos usuarios de larga ancha en zonas rurais, créanse 80 novos postos de traballo.

En Galicia, serán 81 municipios onde se despregue o 5G de Vodafone. Entre estes municipios están A Coruña, Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago, Ferrol ou Lugo. Ademais, chegarase a localidades máis pequenas, como Betanzos, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Foz, Tui, Marín ou Sanxenxo, entre outras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...