Un veciño de Boiro tírase por unha fiestra para escapar dun incendio na súa casa

R

Un veciño de Boiro escapa dun incendio na súa casa saltando por unha fiestra.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso produciuse ás 16:15 horas de hoxe na Avenida Barraña, onde un lume ameazaba a planta superior dunha vivenda unifamiliar.

Decontado, Bombeiros de Boiro e os membros do servizo local de Protección Civil acudiron ao lugar para facer fronte a un incendio, que rematou por calcinar unha habitación e parte do corredor do primeiro piso. Polo momento, descoñécense as causas, aínda que os equipos de intervención barallan un cortocircuito ou unha cabicha mal apagada como posible orixe do lume. De feito, os porfesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atenderon a persoa que, ademais de dor nas pernas, presentaba queimaduras en mans e brazos. Trátase do mesmo afectado que para fuxir do lume saltou pola fiestra.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro intervindo en incendio de vivenda na Avd de Barraña no Concello de Boiro.